Universidade Federal do Río de Xaneiro

Universidade Federal do Río de Xaneiro. | nome nativo = | captura = 220px | rodapé = | localización = | fundación = | reitor = | enderezo = | estudantes = | web = | logo = }} A Universidade Federal do Río de Xaneiro (en portugués: ''Universidade Federal do Rio de Janeiro''), tamén denominada Universidade do Brasil, é un dos centros brasileiros de excelencia no ensino superior e na investigación e está entre as mellores institucións de América Latina.

Cunha alta produtividade científica, a investigación está entre o máis destacado da UFRJ, sendo unha das universidades iberoamericanas que máis artigos científicos publican: entre 2003 e 2008 foron máis de doce mil publicacións.

Foi a primeira institución oficial de ensino superior do Brasil (posúe actividades ininterrompidas desde 1792), coa fundación da ''Real Academia de Artilharia'', ''Fortificação e Desenho'', unha das escolas que virían a formar parte da universidade. Por ser a primeira universidade federal creada no país en 1920, serviu como modelo para todas as outras. miniatura|Universidade Federal do Río de Xaneiro. Ademais dos cursos de grao e de posgrao, comprende sete museos, entre os que destacan o Museo Nacional, oito hospitais universitarios, centos de laboratorios e máis de corenta bibliotecas.

A universidade está situada principalmente na cidade de Río de Xaneiro, con actuación en once municipios. Os seus principais campus son o histórico campus da Praia Vermella e a Cidade Universitaria, que alberga o Parque Tecnolóxico do Río -un complexo de desenvolvemento da ciencia, tecnoloxía e innovación. Hai tamén diversas unidades illadas na capital fluminense: a Escola de Música, a Facultade de Dereito, o Instituto de Filosofía e Ciencias Sociais, o Museo Nacional, o Observatorio do Valongo e o Colexio de Aplicación.

En Duque de Caxias foi implantado o Polo Avanzado de Xerém en colaboración co Instituto Nacional de Metrologia, Normalización e Calidade Industrial (Inmetro). Xa en Macaé foi deseñado un centro de investigación e ensino centrado nos potenciais ambientais e petrolíferos do norte fluminense.

En 2010, a institución alcanzou a nota máxima no Índice Xeral de Cursos do Ministerio de Educación do Brasil. Non sorprende, logo, que esta universidade sexa unha das grandes responsables da formación da elite intelectual brasileira. Fornecido pela Wikipedia
A mostrar 1 - 20 resultados de 54,258 para a pesquisa 'Universidade Federal do Rio de Janeiro.', tempo de consulta: 0.10s Limitar resultados