Homero

''Homero e o seu lazarillo'', por [[William-Adolphe Bouguereau Homero (en grego antigo Ὅμηρος ''Hómēros''; ''c.'' século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a ''Ilíada'' e a ''Odisea''. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica ''Batrachomyomachia'' (literalmente:"A batalla das ras e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego. Fornecido pela Wikipedia
A mostrar 1 - 20 resultados de 1,134 para a pesquisa 'Homero.', tempo de consulta: 0.13s Limitar resultados